Escudo Abóbriga FC

Abóbriga

FC

02
Nós

Sobre o
Abóbriga

O club nace en 2025, por iniciativa de xóvenes da comarca liderados por Diego Costas (Primeiro Presidente do Club), cun profundo amor polo deporte e pola súa terra. Un nome con historia: «Abóbriga», como se coñecía en tempos celtas á vila de Baiona. Un nome que conecta coas raíces da nosa terra e representa o espírito do Val Miñor.

Porque non somos só de Baiona. Somos do Val enteiro; de Nigrán, de Gondomar, da costa e do interior. Un equipo feito por e para a nosa xente. O noso escudo leva gravados os catro elementos que nos definen:

A Terra

que pisamos e que nos sostén.

O Mar

que nos rodea e nos conecta co mundo.

O Vento

que empurra os nosos soños cara adiante.

O Lume

que nace do corazón e da paixón coa que imos loitar cada partido.

Somos forza, tradición e futuro. Catro elementos. Unha conquista.

3ª
Futgal
G2
Vigo
2025
Fundación
Baiona
Lugar de orixe
Abóbriga FC — equipo completo
Directiva
Equipo
Partido
Abóbriga FC — equipo
03
Tenda

A NOSA
Tenda

Deseños propios, orixinais e personalizados. Feitos para representar ao equipo con identidade e orgullo.

04
Abonados

Fáite
Abonado

Ser abonado do Abóbriga F.C. é moito máis ca apoiar ao equipo. É formar parte dunha comunidade, dunha historia, de algo que se constrúe partido a partido.

Abonado

Individual

15€/ tempada
  • Carné de abonado oficial
  • Sorteos exclusivos
  • Desconto do 20% no plan de @alimentatujuego
Recomendado

Abonado

Familiar

Ata 3 persoas
25€/ tempada
  • Carné de abonado oficial
  • Sorteos exclusivos
  • Desconto do 20% no plan de @alimentatujuego
05
Clasificación

Como imosna liga

2º
19puntos
7xogados
Posto de ascenso directo
Clasificación
#EquipoPXPts
1
Club Louro Tameiga
822
2
Abóbriga F.C.
7 (1 partido menos)19
3Sobe un posto
C.D. Ribadelouro
7 (1 partido menos)18
4Sobe 2 postos
Nieves C.F.
817
5Baixa 2 postos
C.D. Pontellas
7 (1 partido menos)15

Fonte: Real Federación Galega de Fútbol · Ver en futgal.es · Última actualización: 24 out ás 14:32

Ver a clasificación completa
06
Plantilla

A NOSA
Plantilla

Coñece os xogadores e o corpo técnico que defenderán os nosos cores na tempada 26/27.

4 — 3 — 3

2Porteiro
8Defensa
6Centrocampista
7Dianteiro
Ver a plantilla completa
07
A Porra

A Porrado Abóbriga

Adiviña o resultado de cada partido do Abóbriga, suma puntos xornada a xornada e loita polos premios da tempada.

Como funciona

  1. Entra con Google

    Sen rexistro nin contrasinais: un clic coa túa conta de Google e xa estás dentro.

  2. Pon o teu resultado

    Para cada partido. Podes cambialo ata as 23:59 do día anterior; despois queda pechado.

  3. Suma puntos

    3 puntos se acertas o resultado exacto. 1 punto se acertas quen gaña ou o empate. E 2 puntos máis se acertas o MVP da xornada.

  4. Gaña a tempada

    Gaña quen máis puntos sume. Os empates resólvense polos exactos e o resto de criterios das bases: nunca hai dous no mesmo posto.

Premios

  1. 1.º posto

    Gran premio pendente

    Anunciarase en breve

  2. 2.º posto

    Asador María Eugenia

    Unha cea para dúas persoas

    Asador María Eugenia

  3. 3.º posto

    Abóbriga F.C.

    Camiseta do equipo e bufanda

    Abóbriga F.C.

Para os tres primeiros abonados ao rematar a tempada. Recóllense en persoa: unha persoa, unha conta.

Entrar con Google

Só usamos o teu nome, o teu correo e a túa foto de perfil de Google. O correo, ademais, para avisarte se che falta un prognóstico (podes desactivalo no teu perfil).

Ler as bases da porra
08
Patrocinadores

O NOSO
MOTOR

Grazas a todos os que fan posible o Abóbriga F.C.

Co apoio de
Patrocinador principal
Patrocinadores
Colaboradores